Os vermús da ACGB amb documental “Dorothé na Vila”

domingo 21 de novembro ás 12.30 horas, dentro do ciclo de Vermús da ACGB, proxectarase o documental “Dorothé na Vila”, dirixido por Alejandro Gándara e @olaiatubio (2020)

(Ho podeu apuntar al vostre calendari aquí)

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos anos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que conforman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tras os pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. Con montaxe de Lucía Estévez, un documental nominado aos Mestre Mateo.

Haberá billeteira inversa para costear os gastos da proxección.

 

Deixa un comentari